A Agrupación industrial da Función Loxística de Galicia, en colaboración con diferentes empresas e organismos, deseñou unha programación completa de eventos, congresos e asistencia a feiras para fomentar a competitividade, innovación e dixitalización das empresas galegas durante o mes de maio. O obxectivo desta iniciativa, denominada “Maio Innovador”, é celebrar un conxunto de eventos centrados na mellora da competitividade do tecido industrial e loxístico galego.

Entre os eventos destacan os “Obradoiros de Dixitalización” organizados pola Agrupación industrial, que contarán con presentacións de expertos e reflexións que identifiquen os intereses dos socios para futuros proxectos de innovación. Os dous primeiros talleres, que se celebrarán en Santiago de Compostela, centraranse na dixitalización do transporte (estrada, ferrocarril, aéreo e marítimo) e a automatización de procesos e intralogística.

A programación de “Maio Innovador” inclúe, ademais, numerosas actividades e eventos en diferentes localidades galegas, que se poden consultar no programa oficial. Desde a Agrupación industrial animan a todas as empresas interesadas a inscribirse nos talleres e a participar nesta iniciativa para avanzar na competitividade e a innovación do tecido empresarial galego.

MÉRCORES 24 DE MAIO: Santiago de Compostela || Obradoiro de automatización de procesos e intraloxística.

Introdución

09:30 h. Recepción e rexistro dos asistentes.

09:40 h. Benvida e introdución do obradoiro.

Bloque I: Retos da dixitalización e automatización dos procesos administrativos e operativos mediante o uso da tecnoloxías facilitadoras.

10:00 h. Relatorio 1: RPA como habilitador tecnolóxico de industria 4.0. José Luís Madrid, responsable de Sicasoft e Esteban Raposo, Director Gerente de Toldos.

10:30 h. Relatorio 2: O emprego do RFID como ferramenta de xestión. Santiago Álvarez, CCO de Kiwanda Labs.

10:45 h. Relatorio 3: Outras Tecnoloxías de automatización de procesos loxísticos (AGVs, Realidade Aumentada, etc). Javier Miguélez, presidente de ARME e consultor independiente e GKN.

11:30 h. Presentación dos retos a abordar na dinámica de traballo – Procesos automatizables. Clúster da Función Loxística.

11:40h. Café – networking

Bloque II: Obradoiro

11:55 h. Introdución ao funcionamento do Taller Desing Thinking. Asistido por los “ponentes”.

12:00 h. Taller Desing Thinking – Xeración de proxectos colectivos de implantación de RPA.

14:30 h. Comida de Networking