O proxecto busca minimizar o impacto ambiental e protexer o patrimonio con solucións innovadoras.

 

O pasado 15 de setembro, tivo lugar a presentación do vehículo autónomo de Santiago de Compostela, dentro do marco do proxecto SMARTiAGO, unha aposta do concello local polas solucións innovadoras. O escenario foi a incomparable praza do Obradoiro, onde asistentes e curiosos foron testemuñas dos primeros pasos do automóvil que, con total independencia, realizou unha ruta pola praza.

Previo á demostración, realizouse un acto no Museo das Peregrinacións, da capital galega, onde se explicou o funcionamento do vehículo e os casos prácticos do seu futuro uso. Entre os asistentes atopábase o Alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, Gumersindo Guinarte Cabada, Tenente de Alcalde e Concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais e Turismo, María Rivas López, Subdelegada do Goberno en A Coruña, Francisco Vallejo, director territorial de Vodafone, e Juan Antonio González, enxeñeiro da empresa vizcaína Phebus, entre outros.

O obxectivo do proxecto, como ben sinalou Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago de Compostela, é avanzar cara unha cidade intelixente e sostible, por exemplo, logrando que o reparto de mercadorías teña o menor impacto medioambiental posible. Botando man da historia, Xosé Sánchez Bugallo lembrou como na súa infancia un servizo similar percorría as rúas compostelás transportando mercadorías comercio a comercio. Un paralelismo que nos lembra a importancia de mirar cara atrás sen perder de vista o futuro.

Living Lab

O proxecto procura ir alén, a través dun Living Lab, unha plataforma onde emprendedores e empresas poderán compartir información, iniciativas, formacións… en definitiva, un espazo vivo que convida a facer uso desta tecnoloxía, aprender dela e promover a innovación.

O coche autónomo de Santiago forma parte da iniciativa VehículoSmart, dentro do proxecto Smartiago, no que Vodafone, como adxudicataria, está a traballar xunto a Phebus e a Universidade de Deusto para dar diversos usos prácticos á tecnoloxía que incorpora o coche: Sensor LiDAR, cámaras termodinámicas FLIR, Xeoradar, etcétera. Toda unha colección de tecnoloxías que permiten deseñar un plano 3D da cidade aló por onde pase o automóvil.