Living

Lab

Para poder levar a cabo o desenvolvemento do vehículo autónomo creamos o Living Lab, unha plataforma de atracción a emprendedores innovadores e proba de prototipos para dar resposta aos problemas de Santiago de Compostela a través dun laboratorio vivo.

Que é o

Living Lab?

Desde Smartiago queremos eliminar a barreira de entrada á I+D+i da condución autónoma. Buscamos investigar, desenvolver e implementar vehículos autónomos de forma máis áxil e eficiente.

Para poder levar a cabo o desenvolvemento do vehículo autónomo habemos creado Living Lab, unha plataforma de escoita e proba de prototipos para dar resposta aos problemas da cidade a través dun laboratorio vivo.

No Living Lab, cremos na cuádrupla hélice da innovación.

Gobernos locais, empresas e universidades van formar parte do proxecto, axentes da contorna de Santiago de Compostela e Galicia, co fin de favorecer o desenvolvemento económico rexional. Todos eles poderán beneficiarse do uso ilimitado da infraestrutura do centro demostrativo e os seus servizos.

Se ti tamén cres no proxecto e queres ser parte do Living Lab impulsado por Smartiago, non dubides en contactarnos.

Un futuro
autónomo

O crecemento das cidades provocou que nos enfrontemos a novos desafíos para crear cidades máis sostibles.

Santiago de Compostela busca converterse nun referente das cidades patrimonio intelixentes a través do fomento e desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras para a prestación de servizos públicos mais eficientes e sostibles, adaptados á singularidade dunha cidade patrimonio da humanidade.

Smartiago é un proxecto de Compra Pública de Innovación liderado polo Concello de Santiago e o Ministerio de Ciencia e Innovación, financiado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia.

Mobilidade intelixente
e sostible

Para dar resposta aos retos que nos veñen, e sendo conscientes da importancia da mobilidade intelixente e sostible, poñemos á vosa disposición 2 vehículos autónomos modulares multifuncionais.

Chasis drive-by-ware de código aberto

Soportes de construción modulares

Sensores

Os PODs

Os PODs póñense ao dispor das empresas e entidades de Santiago de Compostela para dar resposta aos retos e as necesidades identificadas na nosa cidade, desde o transporte ata o mapeo das infraestruturas.

Colabora

Dentro do Living Lab ensaiaremos distintas solucións, como as que propoñemos a continuación.

Se queres, podes participar coa túa idea.

Transporte de mercadorías

Alternativas para a repartición de forma autónoma, optimizando a produtividade e garantindo unha elevada seguridade dos vehículos e a súa contorna, a cidadanía e os obxectos do espazo público.

 

Patrimonio

Reconstrucións e visualizacións 3D que poderán ser explotadas para xerar experiencias virtuais e contidos dixitais.

 

w

Mapeo do subsolo

Sistema de xeoradar de máxima penetración de sinal que nos permitirá recompilar datos de maneira áxil, axudándonos á detección e análise de canalizacións subterráneas urbanas dunha forma intelixente e sostible.

 

Servizos urbanos

Detección e xeolocalización de mobiliario e equipos municipais situados na vía pública.

 

Noticias

Repartición de última milla, un reto ambiental e loxístico

Repartición de última milla, un reto ambiental e loxístico

Desde o preciso momento no que adquirimos algo a través de internet, ata que chega ás nosas mans, hai toda unha serie de pasos. O último deles, o da entrega, é o que corresponde á repartición de última milla, un reto ambiental e loxístico. Nesa última parte do...

Noticias