Anteriormente falamos de como utilizaba un sensor LiDAR para saber que tiña ao seu ao redor, hoxe seguiremos profundando e falaremos da visión artificial, como ve un vehículo autónomo
Cando falamos de intelixencia artificial, facémolo en presente. A irrupción desta tecnoloxía desencadeou toda unha serie de cambios que, nos próximos anos, transformarán o mundo no que vivimos. Non fai falta mirar moi lonxe, a aparición de ChatGPT e o seu eco en todo o ecosistema Microsoft, a creación de imaxes mediante DALL-E ou os vehículos autónomos, son os primeiros fogonazos dunha revolución.
Quizá a algún lle poida soar afastado, pero en Santiago de Compostela poden dar boa conta de que o futuro é hoxe. Desde o pasado ano, un novo veciño deixouse ver polas súas rúas, o vehículo autónomo do Living Lab de Smartiago. Anteriormente falamos de como utilizaba un sensor LiDAR para saber que tiña ao seu ao redor, hoxe seguiremos profundando e falaremos da visión artificial, como ve un vehículo autónomo.
Que é a visión artificial?
A visión artificial é unha rama da intelixencia artificial que busca ensinar a computadores, e sistemas informáticos en xeral, a ver o mundo dunha forma similar á humana. Aínda que a palabra “similar” non é do todo correcta. Tanto unha IA como nós, buscamos patróns e formas que nos axudan identificar que temos diante. Cunha gran diferenza, a percepción humana adéstrase durante toda a vida e está condicionada pola nosa subxectividade.
Poderiamos resumir en tan só dous conceptos, como funciona a visión artificial:
- Adestrar a visión artificial:
- Xa falamos de que a vantaxe humana radica na experiencia que acumulamos durante a nosa vida. Para que a visión artificial poida equipararse, créanse distintos modelos especializados nunha tarefa: un que identifica peóns, outro que diferencia entre sinais de tráfico, etcétera. Cada modelo está composto por miles de fotografías que o axudan a ser moi preciso.
- Entender o que ve
- A través dunha cámara ou cámaras obtéñense imaxes que son procesadas en tempo real. Collamos por exemplo un dos modelos que mencionamos no punto anterior, o que identifica peóns. Este modelo analizará cada fotograma obtido polas cámaras en tempo real e se ve a unha persoa, clasificaraa como peón. Do mesmo xeito fará con sinais de tráfico ou calquera outro elemento para o que fose adestrado.
A visión artificial é un campo en continúa evolución que xa se aplica en tarefas que requiren de analizar miles de produtos buscando defectos, vídeo vixilancia e un longo etcétera. Algo que axuda ao vehículo autónomo de Santiago a moverse como uno máis.