Os sensores LIDAR gañaron gran relevancia nos últimos anos, grazas á súa aplicación nos vehículos autónomos ou, mesmo, nos nosos teléfonos móbiles. Esta tecnoloxía realiza un mapeado en tres dimensións da súa contorna mediante o uso de feixes de luz, e todo isto cunha gran precisión.
Antes de nada, unha breve aclaración, LIDAR é un acrónimo de Laser Imaging Detection and Ranging, poderiámolo traducir ao castelán como sistema de medición e detección de obxectos mediante láser. Agora si, entremos en materia.
Como funciona
Contado dunha maneira simple, un SOAR emite ondas acústicas que ao rebotar nos obxectos ao seu ao redor debuxan un mapa da súa contorna. Un sensor LIDAR funciona de maneira similar pero empregando feixes de luz infravermella que, ao reflectirse sobre os obxectos nos que impactan, volven á súa orixe e son recolleitos por unha lente receptora.
O sensor mide o tempo que tarda cada raio en ir e volver, permitíndolle medir cunha alta precisión as distancias. A isto hai que sumar que un LIDAR debuxa un mapa da súa contorna, composto por millóns de puntos, en tempo real. Permitíndolle captar todo o que sucede ao seu ao redor.
Un LIDAR en Santiago
Os vehículos autónomos, que o Living Lab puxo ao dispor do seu usuarios, contan con esta tecnoloxía, o que lles permitirá recoñecer a súa contorna e mapear o centro histórico da capital galega. O obxectivo é o de estudar as distintas aplicacións destes sensores, tanto na condución autónoma como na preservación do patrimonio histórico da cidade.
O sensor LIDAR é só una das moitas ferramentas coas que nos iremos familiarizando en próximas publicacións, para que cando vexamos camiñar a este novo veciño de Santiago polas nosas rúas, non nos resulte un estraño.