Living

Lab

Para poder levar a cabo o desenvolvemento do vehículo autónomo creamos o Living Lab, unha plataforma de atracción a emprendedores innovadores e proba de prototipos para dar resposta aos problemas de Santiago de Compostela a través dun laboratorio vivo.

Que é o

Living Lab?

Desde Smartiago queremos eliminar a barreira de entrada á I+D+i da condución autónoma. Buscamos investigar, desenvolver e implementar vehículos autónomos de forma máis áxil e eficiente.

Para poder levar a cabo o desenvolvemento do vehículo autónomo habemos creado Living Lab, unha plataforma de escoita e proba de prototipos para dar resposta aos problemas da cidade a través dun laboratorio vivo.

No Living Lab, cremos na cuádrupla hélice da innovación.

Gobernos locais, empresas e universidades van formar parte do proxecto, axentes da contorna de Santiago de Compostela e Galicia, co fin de favorecer o desenvolvemento económico rexional. Todos eles poderán beneficiarse do uso ilimitado da infraestrutura do centro demostrativo e os seus servizos.

Se ti tamén cres no proxecto e queres ser parte do Living Lab impulsado por Smartiago, non dubides en contactarnos.

Un futuro
autónomo

O crecemento das cidades provocou que nos enfrontemos a novos desafíos para crear cidades máis sostibles.

Santiago de Compostela busca converterse nun referente das cidades patrimonio intelixentes a través do fomento e desenvolvemento de solucións tecnolóxicas innovadoras para a prestación de servizos públicos mais eficientes e sostibles, adaptados á singularidade dunha cidade patrimonio da humanidade.

Smartiago é un proxecto de Compra Pública de Innovación liderado polo Concello de Santiago e o Ministerio de Ciencia e Innovación, financiado a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e da Axencia Galega de Innovación (GAIN) da Xunta de Galicia.

Mobilidade intelixente
e sostible

Para dar resposta aos retos que nos veñen, e sendo conscientes da importancia da mobilidade intelixente e sostible, poñemos á vosa disposición 2 vehículos autónomos modulares multifuncionais.

Chasis drive-by-ware de código aberto

Soportes de construción modulares

Sensores

Os PODs

Os PODs póñense ao dispor das empresas e entidades de Santiago de Compostela para dar resposta aos retos e as necesidades identificadas na nosa cidade, desde o transporte ata o mapeo das infraestruturas.

Colabora

Dentro do Living Lab ensaiaremos distintas solucións, como as que propoñemos a continuación.

Se queres, podes participar coa túa idea.

Transporte de mercadorías

Alternativas para a repartición de forma autónoma, optimizando a produtividade e garantindo unha elevada seguridade dos vehículos e a súa contorna, a cidadanía e os obxectos do espazo público.

 

Patrimonio

Reconstrucións e visualizacións 3D que poderán ser explotadas para xerar experiencias virtuais e contidos dixitais.

 

w

Mapeo do subsolo

Sistema de xeoradar de máxima penetración de sinal que nos permitirá recompilar datos de maneira áxil, axudándonos á detección e análise de canalizacións subterráneas urbanas dunha forma intelixente e sostible.

 

Servizos urbanos

Detección e xeolocalización de mobiliario e equipos municipais situados na vía pública.

 

Noticias

Vehículos Autónomos en España: ANFAC Pide Cambios nas Regras

Vehículos Autónomos en España: ANFAC Pide Cambios nas Regras

A Asociación Nacional de Fabricantes de Automóbiles (ANFAC) deu unha paso cara a adiante no ámbito do transporte en España, ao propoñer cambios significativos nas regras que rexen a condución autónoma. Nun informe recente, a asociación presentou unha solicitude ás...

Como pensan os coches autónomos? ROS, a linguaxe secreta da robótica

Como pensan os coches autónomos? ROS, a linguaxe secreta da robótica

Ao ler Windows, Android ou iOS, acudirá á túa cabeza a imaxe dun móbil ou computador, a final de contas, son os sistemas operativos que dan vida aos nosos dispositivos electrónicos. Pero se falamos dun vehículo autónomo... ¿Utiliza Windows? Quizá Android? Ningún...

Síguenos nas nosas redes

Síguenos nas nosas redes

Hoxe día, as redes sociais acompáñannos alá onde imos. Mantéñennos informados, conectados cos nosos e entretéñennos nos momentos de lecer. E, como non podía ser doutra maneira, nós tamén queremos estar aí, contigo, mostrándoche o noso traballo, que facemos, como o...

Repartición de última milla, un reto ambiental e loxístico

Repartición de última milla, un reto ambiental e loxístico

Desde o preciso momento no que adquirimos algo a través de internet, ata que chega ás nosas mans, hai toda unha serie de pasos. O último deles, o da entrega, é o que corresponde á repartición de última milla, un reto ambiental e loxístico. Nesa última parte do...

Noticias